O Corcubión Mariñeiro

Terra de transición entre o sosego e calma das Rías Baixas e a bravura e a natureza viva propias da Costa da Morte

Onde
estamos

O Concello de Corcubión está situado no extremo oeste de Galicia, sendo a nosa ría a máis alta das Rías Baixas e formando parte da denominada Costa da Morte. Corcubión é, polo tanto, terra de transición entre o sosego e calma das Rías Baixas e a bravura e a natureza viva propias da Costa da Morte.

O noso Concello é un dos máis pequenos de Galicia. Ten unha extensión de 7,6 km2 e unha poboación duns 1600 habitantes. Esta constituído por dúas parroquias: a de San Marcos de Corcubión (a zona urbana) e a de San Pedro de Redonda (zona rural).

Actividades e ligazóns de

Navega polas categorías aquí expostas