Irmandade

Corcubión, terra de sosego e bravura

Irmandade de Corcubión

Corcubión asinou un pacto de irmandamento en xullo de 2017 coa localidade irlandesa de Ashbourne, situada no condado de Meath, a 20 quilómetros do centro de Dublín.

O Comité de Irmandamento de Ashbourne, creado a finais de 2015, contactou con vilas parecidas á súa que tivesen raíces celtas semellantes. Despois de realizar as súas investigacións e de reunirse coa Embaixada Española decidiron poñerse en contacto con Corcubión para tratar de irmandar ambas vilas e poder traballar de forma conxunta e desenvolver actividades que sexan beneficiosas para os dous lugares.

O principal motivo que os levou a contactar coa vila corcubionesa foi atopar unha poboación cunha cultura, patrimonio e tradicións con raíces celtas, coa finalidade de poder establecer unha relación entre os dous pobos en base ao turismo, a música, a cultura e o comercio.