Aviso legal
Establece os dereitos do lector dun documento en particular e a responsabilidade do usuario e do autor
0. Introdución
A través do presente, infórmase das Condicións e Termos Xerais que regulan o acceso, navegación e uso do Portal de Internet do Concello de Corcubión e, en particular, dos seguintes sitios Web:
Portal de Internet
De conformidade co artigo 39 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público, enténdese por portal de internet o punto de acceso electrónico, neste caso www.corcubion.gal (así como calquera dos seus subdominios, microsites e/ou aplicacións móbiles) cuxa titularidade corresponde, neste caso, ao Concello de Corcubión, o cal permite o acceso a través de internet á información publicada e á Sede Elctrónica https://sede.corcubion.gal/opencms/es
É por isto que se recomenda que, antes de iniciar a navegación, lea atentamente o presente 'Aviso Legal'.
1. Carácter da información publicada no Portal
As informacións ofrecidas mediante este medio teñen exclusivamente carácter ilustrativo e non orixinan dereitos nin expectativas de dereitos e o Concello de Corcubión non se fai responsable dos contidos accesibles a través de enlaces ou documentos existentes noutros dominios.
O Concello de Corcubión procura que esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima celeridade posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como os detecta. Con todo, o Concello de Corcubión non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se atope permanentemente actualizada.
A información contida no Portal pode ser modificada e actualizada polo Concello de Corcubión, sen necesidade de aviso previo, tanto no relativo ao seu contido como a o seu deseño e presentación.
A información proporcionada en resposta a calquera consulta ou petición de información ten carácter meramente orientativo e en ningún caso resultará vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, os cales se atopan estritamente suxeitos ás normas legais ou regulamentarias que lles sexan de aplicación.
2. Condicións e termos xerais de uso do Portal
Polo acceso, navegación polo Portal de Internet do Concello de Corcubión e pola utilización dos servizos incluídos no mesmo, vostede adquire a condición de persoa usuaria, sen reservas de ningunha clase, aceptando todas e cada unha das presentes Condicións e Termos Xerais de Uso de das Condicións Particulares que, no seu caso, rexan a prestación dos servizos que se dispuxeran no sitio Web, sen prexuízo da atención e cumprimento, pola súa parte, das condicións fixadas e previstas polos sitios Web hipervinculados desde http://www.corcubion.gal/es, das cales non responde este Concello.
O Concello de Corcubión poderá, en todo momento e sen previo aviso, modificar as Condicións e Termos Xerais de Uso, así como as Condicións Particulares, que se estableceran.
En todo caso, a persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que o Concello de Corcubión ofrece a través do Portal e, con carácter enunciativo pero non limitativo:
(I) Non incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á bo fe e á orde pública.
(II) Non introducir, almacenar ou difundir en ou desde o Portal, calquera información ou material que, explícita ou implicitamente, fose difamatoria, inxuriosa, obscena, ameazadora, xenófoba, de apoloxía do terrorismo, pornográfica ou incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, con especial atención á honra, á intimidade ou á imaxe de terceiros e, en xeral, contra os dereitos humanos.
(III) Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutras persoas na utilización do Portal ou na utilización de calquera dos servizos dispostos, incluíndo a utilización, no seu caso, de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma. En consecuencia, o Usuario non deberá acceder e, non seu caso, utilizar as claves doutras persoas usuarias e modificar ou manipular as súas mensaxes.
(IV) Non introducir, almacenar ou difundir mediante o Portal ningún programa de ordenador, datos, virus, código que sexa susceptible de causar danos no Portal, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes do Concello de Corcubión ou, en xeral, de calquera terceiro, ou que, de calquera outra forma, sexa capaz de causar calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento dos mesmos.
(V) Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos do Concello de Corcubión ou de terceiros.
En caso de contravir as condicións anteriores, o Concello de Corcubión resérvase a facultade e estará lexitimado para bloquear, suspender ou cancelar, de forma inmediata e sen previo aviso, o acceso e uso do Portal e, no seu caso, para retirar os contidos presunta ou declaradamente ilegais, xa o realice ao seu exclusivo criterio ou a petición de terceiro afectado ou de autoridade competente.
3. Responsabilidade
O Concello de Corcubión non se fai responsable dos danos e prexuízos que se puideran derivar de, con carácter meramente enunciativo e non limitativo:
(I) Omisións, interrupcións, virus informáticos, avarías e/ou desconexións no funcionamento operativo deste sistema electrónico ou nos aparatos e equipos informáticos dos Usuarios, motivadas por causas alleas ao Concello de Corcubión, que impidan ou retrasen a prestación dos servizos ou a navegación polo Sistema.
(II) Retrasos ou bloqueos no uso, causados por deficiencias ou sobrecargas de Internet ou noutros sistemas electrónicos.
(III) O Portal do Concello de Corcubión pode conter enlaces ás sedes electrónicas doutras Administracións Públicas ou a páxinas web doutros órganos, empresas ou institucións, co obxectivo de facilitar aos cidadáns a busca de información e recursos a través de Internet. Non obstante, ditas páxinas non son da súa titularidade e, polo tanto, o Concello de Corcubión non é responsable dos seus contidos, funcionamento, ou das posibles consecuencias que poidan derivarse do acceso ou uso das mesmas.
4. Propiedade intelectual e industrial
O Concello de Corcubión é o titular dos dereitos de propiedade intelectual das obras e prestacións que integran este web, ou ben posúe a cesión do seu uso. Isto inclúe o deseño gráfico e o software deste web, como tamén os textos, as imaxes e as gravacións que contén. A reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación destas obras e prestacións require a autorización do titular, á marxe das actividades directamente autorizadas pola lei de propiedade intelectual.
As marcas, nomes comerciais e signos distintivos que aparecen nos webs do Concello poden estar protexidos por réximes de propiedade industrial e pertencen aos seus titulares respectivos. Queda prohibido calquera uso que non teña a autorización do titular ou que non estea amparado pola lei.
O seu uso, reprodución, distribución , comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida, salvo que medie autorización expresa do Concello de Corcubión.