26 de decembro ás 12:00h

Para rapazada de 6 a 12 anos

NADAL | O MEU CORCUBIÓN

26 Dec 2023
Corcubión
O meu Corcubión

Este Nadal aproveitamos para que coñezades a vila de Corcubión un pouco máis.

Estamos organizando uns paseos pola vila guiados polo servizo de información turística do Concello nas seguintes datas:

  • 26 de decembro ás 12:00h (para rapazada de 6 a 12 anos)
  • 28 de decembro ás 17:00h (para adult@s e público xeral)

A duración dos paseos será de 1 hora e 30 minutos, aproximadamente.

O inicio da actividade será na Oficina de Turismo (Porto, s/n) e rematará na Casa do Concello (Praza José Carrera).

Hai 20 prazas para cada actividade. Se estás interesado/a podes reservar a túa:

  • de forma presencial na Oficina de Turismo (de martes a sábado, de 09:00h a 16:30h)
  • no teléfono 981 70 61 63 (de martes a sábado, de 09:00h a 16:30h).
  • no correo electrónico turismocorcubion@gmail.com