Miradoiros
Corcubión, terra de sosego e bravura
Paisaxe dende o Cabo da Nasa
Miradoiro do Cabo da Nasa
Cabo da Nasa
15317 Corcubión - A Coruña

Na parroquia de San Pedro de Redonda localízase o Cabo da Nasa, onde podemos atopar o coñecido banco azul do Concello de Corcubión.

Desde este lugar podemos gozar dunhas fermosas vistas da ría de Corcubión: de fronte apreciamos o Cabo Fisterra; á dereita Sardiñeiro (Fisterra), Estorde (Cee) e a costa de Redonda (Corcubión); á esquerda a Illa Lobeira, o faro do Carromeiro Chico, o Carromeiro Vello e o Monte Pindo.

Na seguinte ligazón pódese ver un pequeno vídeo deste lugar: https://www.youtube.com/watch?v=r086AnaE9H0

Para chegar ata este punto temos que dirixirnos á Igrexa de San Pedro de Redonda. Unha vez alí, mirando de fronte a igrexa e sen chegar a subir ata ela, debemos coller o camiño que se abre ao lado dereito (o único camiño que hai á dereita antes da igrexa). Camiñando entre 10 e 15 minutos por ese camiño chegaremos ata o banco azul do Cabo da Nasa.

Como chegar