Miradoiros
Corcubión, terra de sosego e bravura
Mirador Benigno Lago
Miradoiro Benigno Lago
Praza de Castelao
15317 Corcubión - A Coruña

Na entrada á vila de Corcubión, na Avenida da Constitución, podemos contemplar unha fermosa vista da ría de Corcubión desde o miradoiro Ramón Pais, nome do que foi alcalde de Corcubión entre 1959 e 1979 e a quen se lle dedicou este miradoiro polo papel que desenvolveu ao longo da súa vida. 

Se avanzamos cara a vila, á altura da Praza de Castelao atoparémonos co miradoiro Benigno Lago, inaugurado en 1981 e caracterizado por un longo banco de azulexos. Construíuse este miradoiro na súa honra porque foi el, precisamente, quen contribuíu ao saneamento desta zona, financiando o miradoiro e a obra civil que serviu para encher as augas mariñas que ata ese momento se internaban na zona. Este home era natural de Corcubión e, como moitos outros na súa época, despois de casar emigrou a Arxentina en 1920, onde a súa familia continuou medrando. Tamén residiu en Perú e en ambos países conseguiu unha boa fortuna a través da explotación de minas de mica e da industria pesqueira. Xa nos anos 50 decide regresar a Galicia e investir parte dos seus fondos no progreso da súa vila natal. Esta acción fixo que Corcubión fose un dos primeiros concellos da provincia en ter auga potable. 

Desde estes dous miradoiros pódese contemplar unha fermosa vista da ría e do porto de Corcubión.

Como chegar