Que ver en Corcubión

Corcubión, terra de sosego e bravura

Patrimonio Cultural

Faro da Illa Lobeira Grande

Patrimonio arquectónico

Localización

illa lobeira grande 42° 52’ 55’’ lat. n. e 9° 11’ lonx. o.

Cronoloxía

1906

Autor

salvador lópez miño

Situación xurídica

depende da autoridade portuaria da coruña

Altura do chan á luz

7,78m

Altura da luz sobre o mar

15,78m

Característica distintiva

aparencia dun grupo de 2 lampos brancos cada 14 segundos

En agosto de 1904 a Dirección Xeral de Obras Públicas encarga un estudio para a construción na Lobeira Grande dos seguintes equipamentos:

  • Un edificio para acoller dous fareiros.
  • O baseamento da torre.
  • Limpeza de escollos na entrada máis abordable dun dos tres canais que dan acceso á pequena enseada preto do emprazamento do faro.
  • Construción dun embarcadoiro.
  • Camiño de servizo para unir o embarcadoiro coa vivenda e a torre.

Proxecto é realizado polo enxeñeiro Salvador López Miño que o dá por rematado o 18 de febreiro de 1905. O 19 de outubro de 1905 encárgase un segundo proxecto no que a torre metálica é substituída por unha de sillería. López Miño remata a redacción deste proxecto o 4 de maio de 1906.

Componse de dúas vivendas, dependencias ligadas ao funcionamento do faro, e dous alxibes exteriores. A torre é de forma tronco piramidal. A altura da súa luz achégase aos 16m sobre o nivel do mar, cun alcance de 11 millas. Inaugurouse o 15 de setembro de 1909 cun aparello de 4ª orde de 250mm de distancia focal.

Contaba cunha lámpada de dúas mechas de nivel constante, que para tempo de brétema era axudada por outra de incandescencia por vapor de petróleo.

Desde 1924 o faro atópase deshabitado, xa que para suplir ao fareiro púxose a funcionar unha instalación de acetileno con escintilante AGA e válvula solar, cambiándose a aparencia á do grupo de lampos cada 15 segundos, cun alcance en tempo medio de 11 millas.