CONTOS DO MAR é un proxecto participativo para poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura do pobo de Corcubión, en especial a mariñeira. Para levar a cabo este proxecto reuniuse á veciñanza maior de 70 anos para fiar conxuntamente memoria biográfica e memoria histórica. Todo o material recollido xunto cunha investigación documental paralela ten como resultado a elaboración dunha audioguía ficcionada na que se relata unha parte da historia e memoria de Corcubión.
O traballo que supuxo levar a cabo este proxecto permítenos contar agora cunha serie de vídeos nos que a veciñanza fala sobre a vida e as súas propias experiencias en relación con diferentes lugares e aspectos da vila e da vida de Corcubión. Ademais de en Corcubión, este proxecto levouse a cabo noutras vilas da contorna. Na seguinte ligazón poden verse as diferentes experiencias realizadas a través de Contos do Mar: https://contosdomar.com/
O proxecto Contos do Mar ponse en marcha co financiamento do Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.