Que ver en Corcubión
Corcubión, terra de sosego e bravura
Patrimonio Cultural
Patrimonio Cultural
Castelo do Cardeal
Patrimonio arquectónico
Localización
Punta Pión
Cronoloxía
segunda metade do século XVIII
Situación xurídica
propiedade privada en uso
A estratéxica situación do porto de Corcubión como lugar de refuxio ante as bravas augas da Costa da Morte convertíao en obrigada parada das expedicións que se dirixían, ben cara o Norte de Europa, ben cara o Mediterráneo. En moitas ocasións este fondeado na ría era aproveitado para facer incursións de saqueo e destrución nas vilas mariñeiras e nos territorios do interior da comarca. Por este motivo, a partir de mediados do século XVII, pensouse na necesidade de facer fortificacións nesta ría. O primeiro plan defensivo para a zona comprendía as seguintes construcións:
- Castelo do Príncipe, na Ameixenda (Cee).
- Castelo de San Carlos, en Fisterra.
- Castelo do Soberano, en Camariñas (hoxe desaparecido).
- Castelo do Cardeal, en Corcubión.
O Castelo do Cardeal formaba parella co Castelo do Príncipe, situado practicamente enfronte permitindo, mediante fogo cruzado, a súa defensa. Conta a lenda que unha cadea unía ambas fortificacións e que, ao tensala, evitábase a entrada de naves inimigas, permitindo así o peche da ría.
A súa dotación era de doce canóns montados e as oficinas correspondentes, nas que se poderían albergar ata noventa homes.