DURANTE LOS MESES DE JULIO Y AGOSTO

VISITAS GUIADAS GRATUITAS POR CORCUBIÓN

02 Jul 2024
Oficina de Turismo de Corcubión
Cartel galego visitas guiadas

Durante os meses de xullo e agosto realizaranse visitas guiadas gratuitas no Concello de Corcubión. Estas visitas serán de dous tipos:

- "UN PASEO POLA HISTORIA DE CORCUBIÓN" será un percorrido a través da historia da vila no que se farán paradas naqueles lugares e edificios máis destacados e que son testemuña do desenvolvemento que tivo Corcubión a partir do século XV.

    > Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):

    > Hora de inicio: 18:45h.

    > Días de realización:

       * Xullo: 2, 3, 9, 11, 18, 19, 23, 24, e 31.

       * Agosto: 6, 13, 20 e 28.

    > Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.

    > Percorrido: partindo do porto, camiñarase por algunhas das rúas do conxunto histórico e rematarase a visita guiada no exterior do Edificio José Carrera (Casa do Concello).

 

- "MAR, CARBÓN E SAL" será unha visita guiada para coñecer o pasado industrial que tivo Corcubión e que tan importante foi no seu desenvolvemento, centrándose a visita na industria do carbón e da salgadura.

    > Punto de encontro: Oficina de Turismo de Corcubión (entrada do porto):

    > Hora de inicio: 18:45h.

    > Días de realización:

       * 1, 7, 14, 21 e 29 de agosto.

    > Duración aproximada: 1 hora 30 minutos.

    > Percorrido: partindo do porto, camiñarase polo paseo marítimo en dirección á Praia de Quenxe onde, case ao final da mesma, se rematará o percorrido.

TODAS AS VISITAS GUIADAS TERÁN UN MÁXIMO DE 20 PRAZAS.

SERÁ NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA A TRAVÉS DUN DOS SEGUINTES MEDIOS:

- Formulario (se se quere participar en máis dunha visita guiada débese enviar un formulario por cada visita): https://forms.gle/JJ1hjAiiANP2nCTk6

- De forma presencial na Oficina de Turismo.

- A través do correo electrónico turismocorcubion@gmail.com. No caso de inscrición por correo electrónico, deberá indicarse un nome e un teléfono de contacto, así coma o número de persoas e o día ou días que van asistir á visita guiada.